A oxidación é un tipo de reacción química. Prodúcese cando unha substancia se combina co osíxeno. Por exemplo, se o ferro se  xunta co osíxeno fórmase o óxido de ferro.

 

Unha combustión é unha oxidación moi rápida na que se produce moita calor. Sempre que vemos que algo se queima, estase producindo unha combustión.

Cando un papel se queima, combínase co osíxeno e fórmase dióxido de carbono e prodúcese calor

O ferro combínase co osíxeno e prodúcese o óxido de ferro.

O papel combínase co osíxeno e fórmase dióxido de carbono. O que non arde é a borralla.