Dous obxectos fabricados con arxila. Cada obxecto é un corpo. A substancia da que están feitos é a arxila.
O noso mundo está feito de MATERIA. Todos os obxectos que nos rodean están formados por materia e chámanse corpos . A auga e o aire tamén son materia. A materia está formada de partículas moi pequenas e que non podemos ver que se chaman ÁTOMOS. A cada tipo diferente de materia (auga, aire, cuarzo, ferro...) chámaselle substancia.