Os cambios químicos prodúcense cando unha ou varias substancias dan lugar a outras substancias distintas. Os cambios químicos chámanse REACCIÓNS QUÍMICAS.

Por exemplo, se botamos bicarbonato(sólido) nun vaso con zume de limón (líquido) fórmase un gas que antes non estaba presente: o dióxido de carbono, que forma burbullas.

Por exemplo, o petróleo (líquido), sometido a moitas reaccións químicas, transfórmase en diferentes tipos de plásticos (sólidos).

  Se engadimos bicarbonato a un vaso con zume de limón, prodúcese un cambio químico. Fórmase un gas: dióxido de carbono (burbullas)