Os cambios de estado prodúcense cando a materia quece ou arrefría.

Non só a auga pode cambiar de estado. Tamén poden facelo o alcohol, o vidro, as rochas,...

Os cambios de estado da materia son os mesmos que vimos para a auga:

 

    A materia experimenta os mesmos cambios de estado que a auga
  • SÓLIDO a LÍQUIDO: FUSIÓN

  • LÍQUIDO a GASOSO: EVAPORACIÓN

  • LÍQUIDO a SÓLIDO: SOLIDIFICACIÓN

  • GASOSO a LÍQUIDO: CONDENSACIÓN