Todas as máquinas necesitan enerxía para funcionaren.
  • Algunhas máquinas funcionan grazas á enerxía das persoas. Por ex.: unha bicicleta, un martelo...
  • Outras funcionan con enerxía eléctrica: unha nevera, unha estufa.
  • Outras funcionan con combustible (normalmente gasolina ou gasóleo). Estas normalmente teñen un motor para producir movemento. Por ex.: un coche.
  • Outras funcionan coa enerxía do vento: os muiños e os barcos de vela.