Cando a luz chega a un obxecto, unha parte reflíctese e outra absórbese.

A cor coa que vemos ese obxecto é a cor da luz que reflicte. Un obxecto de cor vermella absorbe a luz de todas as cores menos a de cor vermella, que a reflicte e chega aos nosos ollos.

Os obxectos brancos son os que reflicten a luz de todas as cores. Os obxectos negros absorben toda a luz que reciben e non reflicten ningunha.