Segundo o seu comportamento fronte á luz, os obxectos poden ser:  
  • Obxectos transparentes. A luz atravésaos con facilidade. Pódese ver a luz e as formas dos obxectos a través deles.

  • Obxectos translúcidos. Atravésaos unha parte da luz, pero as formas dos obxectos vense borrosas.

  • Oxectos opacos. A luz non os atravesa. Detrás deles queda unha sombra.