O FINAL DO ARCO DA VELLA

Cando chove e vai sol, se miramos para o ceo ben seguro que habemos ver o arco da vella. Aparece como unha enorme cinta multicolor en forma de arco.

Unha antiga lenda galega conta que ao final do arco da vella hai un trasno que garda unha ola ateigada de moedas de ouro. Quen chegue ao final do arco da vella, pode quedar co tesouro.

Por suposto, é só unha lenda. Non se pode chegar ao final do arco da vella, nin se pode pasar por debaixo del. Pero estaría moi ben que fose certo, non é?