A luz branca está formada por luz de todas as cores.

Se facemos pasar un raio de luz branca por un prisma de cristal e o proxectamos sobre unha parede veremos aparecer as cores do arco da vella. O que fai o prisma é separar as cores da luz. Polo tanto, a mestura da luz de todas as cores é a luz branca.

Cando chove a vai sol, as gotas de auga fan de prismas pequeniños e descompoñen a luz branca formando o arco da vella.

   

A luz, ao atravesar un prisma transparente descomponse, demostrando que a luz branca está formada pola mestura de luces de todas as cores