CREACIÓN DUN LIBRO LIM  
  • Se non temos no ordenador o programa EDILIM imos ao enlace, descargámolo e descomprimímolo.
  • Abrimos EDILIM e seleccionamos no menú NOVO. En DIRECTORIO DE RECURSOS buscamos o noso cartafol de traballo onde temos os recursos baixados para o curso.

Vemos na columna da esquerda todos os recursos que podemos empregar no noso libro.
  • Agora imos a PÁXINAS no menú superior e entramos no seguinte menú de actividades:

  • Seleccionamos unha actividade, por exemplo ETIQUETAS.

  • Arrastramos do menú de IMAXES da esquerda o ficheiro Sistema_digestivo.jpg e levámolo para o recadro central. Colocamos as etiquetas nos lugares da imaxe onde deben ir as etiquetas e poñémoslle os nomes á dereita en ETIQUETAS. En TIPO seleccionamos ARRASTRAR ETIQUETAS.

  • Para probar a actividade podemos ir á icona:
  • Unha vez comprobado que a actividade funciona correctamente imos a EXPORTAR. Seleccionamos a carpeta de destino (a mesma onde temos os recursos todos coas imaxes). Dámoslle un nome ao libro (por exemplo DIXESTIÓN) e prememos en PUBLICAR.

  • Se imos ao cartafol de recursos para onde publicamos, veremos que hai un ficheiro que se chama dixestion.html. Se o abrimos aparecerá o noso libro, que polo de agora só ten unha actividade.

  • Volvemos ao programa EDILIM, seleccionamos no menú de arriba PÁXINAS e no menú de abaixo seleccionamos NOVA PÁXINA . Agora xa podemos crear unha nova actividade para o libro da mesma maneira que creamos esta. Cando rematemos a nova actividade e despois de probar que funciona, volvemos a EXPORTAR e a publicamos de novo para engadir a nova actividade.
  • Cando teñamos o libro rematado, podemos ir a PROPIEDADES do menú superior e configurar a presentación do libro.

  • Cambiamos as cores das barras e do fondo e en AVALIACIÓN engadimos as mensaxes que queremos que lles aparezan aos nenos/as. Unha vez finalizado imos de novo a EXPORTAR e publicamos. O libro está rematado.
  • Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento dalgunha actividade, podes consultar a AXUDA no menú superior do programa.