A IMPORTANCIA DOS INSECTOS

Os insectos son moi importantes. Uns son beneficiosos para nós e outros prexudiciais:

  • Serven de alimento a moitos outros animais.

  • Recollen moito lixo, pois aliméntanse de excrementos e animais e plantas mortas.

  • Moitas árbores froiteiras necesitan os insectos para reproducirse.

  • Proporciónannos cousas útiles, como a mel ou a seda.

  • Poden producirnos molestias coas súas picaduras.

  • Danan as colleitas, pois se alimentan de plantas.

  • Consumen e destrúen produtos útiles: alimentos, tecidos, madeira.

  As abellas fabrican o mel.