A XUNTA DE GALICIA é o goberno de Galicia. Encárgase de propor leis ao Parlamento e de que se cumpran as que este aprobou.

A Xunta está formada polo Presidente, o Vicepresidente e os conselleiros e conselleiras designados polo Presidente.

  • O Presidente dirixe a Xunta.

  • O Vicepresidente axuda ao Presidente.

  • Os conselleiros e conselleiras ocúpanse das diferentes áreas da Xunta: educación, sanidade, ...