O PARLAMENTO DE GALICIA é a institución que representa ao pobo de Galicia.

  • Está formado polos deputados e deputadas que elixen os galegos nas eleccións autonómicas.

  • O Parlamento de Galicia elabora as leis de Galicia, elixe ao Presidente da Xunta de Galicia e controla á propia Xunta de Galicia para que cumpra as súas funcións.

  • O Parlamento de Galicia tamén aproba o orzamento, é dicir en que se vai gastar o diñeiro cada ano.