A ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS

A Organización das Nacións Unidas é unha das institucións internacionais máis importantes. Creouse en 1945, hai máis de sesenta anos e, aínda que ao principio só participaban nela 51 países, na actualidade son xa 192.

O seu principal obxectivo é manter a paz mundial e fomentar a amizade e a unión entre os pobos.

O centro de operacións de Nacións Unidas encóntrase en Nova York, aínda que hai oficinas en moitas outras cidades do mundo. Así, a organización pode coñecer de cerca os problemas e cada lugar para buscar solucións.