• O Estatuto de Autonomía é a lei máis importante de Galicia despois da Constitución. Aprobámolo os galegos en 1981.

  • No Estatuto determínase o nome da Comunidade, a súa capital, os seus límites territoriais, os seus símbolos e as responsabilidades que ten o goberno de Galicia, como garantir a educación dos cidadáns e organizar as institucións de goberno.