• As eleccións son votacións que se organizan para elixir os gobernantes. Poden votar nelas todos os cidadáns maiores de 18 anos.

  • En España hai distintos tipos de eleccións: municipais, autonómicas, xerais e europeas.

  • Nas eleccións municipais eliximos os gobernantes do municipio.

  • Nas eleccións autonómicas eliximos os gobernantes das institucións da Comunidade Autónoma.

  • Nas eleccións xerais eliximos os gobernantes do Estado.

  • Nas eleccións europeas eliximos os representantes das institucións europeas.