• A Constitución é a lei máis importante de España.

  • Foi aprobada por todos os españoles en referendo no ano 1978.

  • Un referendo é unha pregunta que o Goberno fai aos cidadáns para pedir a súa opinión sobre algo importante para o país.

  • Na Constitucións recóllense os dereitos e deberes dos cidadáns e establécese cales son as Institucións do Estado.

  • As principais Institucións do Estado Español son: o Parlamento, o Goberno e os Tribunais de Xustiza.