Todas as persoas poden formar grupos  con outras persoas para defender os seus intereses. Por exemplo: os partidos políticos, as asociacións de veciños, os sindicatos, as asociacións de consumidores son formas de asociación.

Calquera cidadán pode fundar unha asociación ou inscribirse na que defenda as súas ideas.

As persoas tamén poden reunirse libremente para realizar manifestacións sempre que s exan de carácter pacífico.