As forzas fan que os obxectos comecen a moverse e fan tamén que se deteñan. Cando un futbolista aplica unha forza a un balón, éste ponse en movemento e segue movéndose ata que alguén o deteña. Ao chegar á portería, o porteiro exerce outra forza para detelo. Se ninguén o detén, o balón segue movéndose cada vez a menos velocidade ata deterse. Isto é pola forza de rozamento, que vai freando continuamente o balón.

FORZA DE ROZAMENTO é a forza que se ópón ao movemento dun corpo en movemento.

As rodas fan que diminúa a forza de rozamento.

 Os freos fan que se deteña a roda da bicicleta ao exercer unha gran forza de rozamento sobre ela.