As forzas normalmente actúan cando dous corpos entran en contacto (a bota golpea á pelota).

Pero ás veces actúan sen contacto, como pasa cos imáns, que poden facer mover obxectos de ferro a distancia.

Estas forzas que exercen os imáns poden ser de atracción (sobre un obxecto de ferro) ou de repulsión (enfrontando dous imáns polos seus polos iguais).

Polo tanto as forzas actúan por contacto e a distancia e poden ser de atracción ou de repulsión.

Os polos diferentes dos imáns atráense. Os polos iguais repélense.