Hai moitos tipos de enerxía. Algúns imposrtantes son:

  • Enerxía mecánica. Téñena todos os corpos en movemento. Ex.: o vento.

  • Enerxía química. Almacénana os combustibles: o gasóleo, o carbón,...

  • Enerxía calorífica. É a que se emite en forma de calor. Ex.: a que proporciona unha estufa.

  • Enerxía eléctrica. A que utilizan os aparellos eléctricos e electrónicos: aspiradoras, teléfonos móbiles, os raios...

  • Enerxía nuclear. Está nalgunhas substanias como o uranio ou o plutonio.

  • Enerxía luminosa. Posúea a luz.

A calculadora solar funciona grazas á enerxía luminosa, que se aproveita grazas a unha «célula fotoeléctrica»

 

Os alimentos teñen enerxía química. Empregámola para saltar, pensar, correr...