A enerxía é a capacidade para realizar un traballo, é dicir, é a causa de que ocorran cambios nas cousas que nos arrodean

As pilas, coa súa enerxía, son capaces de facer que un coche de xoguete se mova e cambie de posición.

O vento ten enerxía porque pode facer caer árbores e que voen os papaventos.

   

O gas ten enerxía, porque cando arde, fai que a auga quente se transforme en vapor.