A nosa forma de vida fai necesario o emprego de enerxía, pero debemos usar só a enerxía que necesitamos, sen malgastala, porque o consumo de enerxía presenta dous graves problemas:

  • A contaminación. Ao queimar combustibles prodúcese dióxido de carbono, que na atmósfera fai cambiar a temperatura do planeta. Isto chámase quecemento global e moitos países puxéronse de acordo para combatelo. Ademáis prodúcense outras substancias que danan a vexetación e afectan á nosa saúde.

  • O esgotamento dos combustibles fósiles. Estes combustibles non son renovables e, co tempo, terminarán esgotándose.

 

Moita da enerxía que se consome en Galicia úsase no transporte. Para aforrar enerxía pódese usar o transporte público.