A competencia prodúcese cando dous seres vivos teñen que satisfacer unha mesma necesidade. Entón loitan entre eles para satisfacela.

Por exemplo, as plantas  compiten pola luz: as que medran máis rápido dan sombra ás veciñas e estas medran menos; os corvos e os falcóns compiten para conseguir bos lugares nas rochas para facer os niños (normalmente gañan os falcóns, que expulsan os corvos).

 

As árbores deixan pasar pouca luz, e o resto das plantas medran pouco nos bosques.