Os cambios de estado prodúcense cando a auga se quenta ou se arrefría. Son os seguintes:

  • FUSIÓN: O xeo quece e transfórmase en auga líquida.

  • SOLIDIFICACIÓN: A auga arrefría e transfórmase en xeo.

  • EVAPORACIÓN: A auga quéntase e transfórmase en vapor de auga. Se ao quentarse ferve, chámase EBULICIÓN.

  • CONDENSACIÓN: O vapor de auga arrefría e transfórmase en auga líquida.