OS PEIXES

Pincha para aumentar

  • Corpo alongado e aguzado nos extremos (polo xeral).

  • Móvense mediante aletas:

  • ►Aleta caudal (para avanzar e de timón)

  • ►Dúas pectorais, dúas abdominais, unha anal  e unha dorsal (para manter o equilibrio)

  • Pel húmida e escorregadiza con finas escamas óseas para protexer o corpo.

  • Teñen uns órganos respiratorios especiais: as branquias, finas láminas de cor vermella na parte superior da boca comunicadas co exterior cunhas aberturas que se chaman fendeduras branquiais.

  • Respiran absorvendo o osíxeno da auga ao pasar polas branquias. Aquí prodúcese o intercambio de gases expulsando o dióxido de carbono coa auga.

  • Reprodúcense mediante ovos pequenos e sen casca. Cada femia pon moitos ovos, ainda que só uns poucos conseguen chegar a ser peixes adultos.

Partes principais do corpo dun peixe (pon os nomes no caderno)