OS MAMÍFEROS

.

Os mamíferos que viven en climas fríos, como o oso polar, teñen máis pelo e unha capa de graxa máis grosa que os que habitan en climas máis benévolos.

  • Son animais vivíparos, é dicir, as súas crías non nacen de ovos, senón directamente do corpo da nai.

  • As crías son coidadas polos seus proxenitores ata que se valen por si mesmas. Despois de naceren aliméntanse do leite que as súas nais producen nas mamas.

  • A súa pel está cuberta de pelos. Algúns, como as baleas ou os golfiños, non teñen pelo.

  • Teñen catro extremidades, que utilizan como patas para andar.

  • Algúns viven no mar e teñen as súas extremidades transformadas en aletas: golfiño, foca, balea...

  • Un grupo de mamíferos, os morcegos, poden voar porque as súas extremidades anteriores transformáronse en ás.

  • Son animais de temperatura constante. Os pelos axudan a mantela, pois conservan unha capa de aire quente xunto a pel. Tamén lles axuda unha capa de graxa que teñen debaixo da pel, porque diminúe a perda de calor.

  • Respiran por pulmóns.

Esta cría de gacela aliméntase aínda de leite, mentres que a súa nai come vexetais.