AS AVES

.

  • Son o grupo de vertebrados que mellor se adaptou ao voo. Pero algunhas, como os pingüíns e as avestruces, non poden voar.

  • As súas extremidades anteriores transformáronse en ás.

  • O seu corpo está cuberto de plumas, que lle permite o voo, porque aumentan a superficie do seu corpo.

  • Son animais de temperatura constante, aínda que varíe a do exterior.

  • Non teñen dentes, posúen un bico ou peteiro.

  • Respiran por pulmóns

  • Reprodúcense mediante ovos con casca. As femias poñen os ovos en niños e logo os incuban con axuda do macho ata que nacen os pitiños. Logo os coidan e alimentan durante un tempo.

 

Os pingüíns perderon a capacidade de voar, pero, grazas ás súas ás transformadas en aletas, son grandes nadadores.

Clases de plumas