OS ANFIBIOS

.
  • Viven en sitios onde hai auga doce. Viven parte na auga e parte na terra.

  • A súa pel é húmida e escorregadiza. Se se lles seca a pel morren.

  • Teñen catro patas. Algúns reptan con elas (salamántigas, tritóns...). Outros teñen as patas de atrás moi longas para saltar (ras e sapos) pero non teñen cola.

  • Teñen pulmóns para respirar, pero tamén respiran pola pel.

  • Reprodúcense por ovos pequenos e sen casca que poñen na auga. As crías son moi distintas dos adultos e experimentan unha serie de cambios para chegar a selo, que reciben o nome de metamorfose.

Metamorfose da ra