No aire hai moitos gases mesturados. Algúns dos máis importantes son:
NITRÓXENO
: O gas máis abundante no aire.
OSÍXENO
: O segundo máis abundante. É imprescindible para os seres vivos e o producen as plantas.
DIÓXIDO DE CARBONO
: É moi escaso. Producímolo os seres vivos na respiración. Está tamén no fume.
VAPOR DE AUGA
: Xa vimos que é auga en estado gasoso. Nos lugares secos hai pouco e nos húmidos moito.
Bosque con carballos. Por que se di que as árbores son os pulmóns da natureza?